:: ¿qué es APE?
:: junta directiva
:: objetivos de APE
:: noticias
:: actos
:: emprendedoras
:: empresas
:: foros
:: estatutos
:: enlaces
:: contacto

 
Ver ventana indice

ARTIGO 1º
Axeitándose ás disposicións establecidas na Lei 19/1977 sobre o dereito de asociación sindical, do 1º de abril, Real Decreto Lei 873/1977, do 22 de abril, e disposicións complementarias, redáctanse os Estatutos da Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra.


ARTIGO 2º

É unha asociación interprofesional empresarial, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, en canto non lesione nin perturbe o cometido e fins da asociación en si e dos dereitos e intereses das restantes provincias creadas ou por crear, co mesmo nome e cós mesmos fins, nin alterar o principio de unidade confederativa destas.
O seu ámbito abarca a provincia de Pontevedra, e representa a totalidade dos intereses profesionais e colectivos das asociadas.

ARTIGO 3º
A Asociación ten o seu domicilio social en Vigo na Avenida de García Barbón, nº 104-1º. Este domicilio poderá cambiarse cando así o acorde a Xunta Directiva.


ARTIGO 4º
A duración da Asociación é de tempo indefinido.

ARTIGO 5º
1. - Terá como fin primordial canto concirne á promoción e defensa dos valores humanos, sociais e profesionais da muller na súa condición de empresaria.

2. - Exercerá as seguintes funcións:
a) Levar a cabo en tódolos ámbitos as iniciativas e accións necesarias para o recoñecemento dos dereitos da muller en canto incidan na súa actividade empresarial e eliminar toda diferencia discriminatoria.
b) Fomenta-la formación, asistencia social, profesional e a promoción da muller empresaria.
c) Potencia-lo espírito cooperativo estimulando a colaboración e axuda entre as asociadas para a necesaria unidade de actuación e esforzos.
d) Ser portavoz ante calquera clase de autoridades e organismos dos problemas e aspiracións das súas representadas consonte os fins da Asociación.
e) Organizar conferencias, cursos, seminarios, congresos e demais actos de análoga natureza que fomenten o estudio de temas económico-sociais e de producción que sexan de interese para as asociadas e eleven o nivel de información xeral.
f) Editar revistas, boletíns e publicacións en xeral destinados á información das asociadas e á difusión das actividades da Asociación.
g) Establecer relacións de colaboración con entidades oficiais e privadas, nacionais ou extranxeiras inspiradas en finalidades similares á APE.
h) A este respecto, a Asociación, con acordo previo do órgano de goberno competente, poderá pertencer e solicita-lo ingreso en organizacións internacionais consonte as disposicións en vigor.
i) Xestionar cantas propostas e iniciativas relacionadas coa súa competencia redunden en beneficio lícito das asociadas ou da Asociación como tal.
j) Pertencer ós grandes grupos empresariais confederados en colaboración cos fins comúns atribuídos ás organizacións profesionais en xeral e participar, se é o caso, nos órganos de goberno, segundo as disposicións establecidas.
k) En xeral, intervir, promover, defender, xestionar e seguir con tódolos trámites, propugnar, coadxuvar en cantos asuntos se entendan da súa competencia nas funcións relacionadas con elas e cos fins primordiais da asociación.

 

Ver ventana indice

ARTIGO 6º
1.- A afiliación e baixa son voluntarias, sen prexuízo de que quen cause baixa quede suxeita ó cumprimento das obrigas contraídas durante o tempo da afiliación.
2.- Para contar coa condición de asociadas, para os efectos estatutarios, considérase que teñen a condición de empresarias:
a) As propietarias, copropietarias, socias e accionistas que exerzan activamente a función directiva dentro da empresa.
b) As mulleres que desempeñen as xerencias das empresas ou cargos directivos de responsabilidade e mando nas que a súa remuneración non sexa exclusivamente salarial.

3.- A condición de empresaria poderá acreditarse, coa pertinente documentación, de acordo co establecido na alínea 2 deste artigo.

ARTIGO 7º
1.- Poderán pertencer á Asociación tódalas mulleres que, reunidos os requisitos esixidos no artigo 6º destes estatutos, o soliciten por escrito.

2.- A solicitude de admisión solicitarase polo correspondente boletín, no que se manifestará reuni-los requisitos esixidos.

3.- A Asociación está aberta a tódalas empresarias, recoñocéndoselles a todas elas igualdade de dereitos e obrigas no seu seo.

4.- Á Xunta Directiva correspóndelle examina-las solicitudes de admisión, para comprobar se reúnen os requisitos pertinentes.

Contra os acordos que adopte a Xunta, sobre admisión de asociadas, poderán interpoñerse os recursos ó caso.

ARTIGO 8º
Deixarase de pertencer á Asociación por diferentes causas:
a) Por cesamento no exercicio da actividade profesional.
b) Inhabilitación ou suspensión declarada en sentencia firme pola xurisdicción penal.
c) Acordo da Asemblea Xeral, por proposta da Xunta Directiva, por non cumprir a asociada coas normas establecidas nestes estatutos ou nos regulamentos que poidan dictarse para o seu desenvolvemento, por non estaren ó corrente no pago das cotas ou derramas acordadas, e, en xeral, polo incumprimento, con prexuízo para os membros da Asociación, dos acordos desta.

ARTIGO 9º
Son dereitos das asociadas:
a) Elixir e ser elixidas para postos de representación e exercer cargos directivos da Asociación.
b) Exerce-la representación que se lles confira en cada caso.
c) Intervir conforme ás normas legais e estatutarias na xestión económica e administrativa da entidade da que forman parte, así como nos servicios e institucións sociais que esta manteña.
d) Informar e ser informadas oportunamente das actuacións e vida da asociación e de tódalas cuestións que lles afecten directa ou indirectamente.
e) Expresar libremente as súas opinións en materias e asuntos de interese profesional e formular propostas e peticións ós seus representantes dentro do ámbito asociativo de acordo coas normas estatutarias e societarias.
f) Exercita-las accións e recursos que teñan lugar en defensa dos seus dereitos asociativos e insta-la Asociación a que interpoña accións e recursos oportunos para a defensa dos intereses profesionais dos que teña encomendada a súa representación.

ARTIGO 10º
Son deberes das asociadas:
a) Participar na elección de representantes e dirixentes.
b) Cumpri-los acordos validamente adoptados pola Asociación, estatutos e regulamentos aprobados pola Asemblea Xeral.
c) Respecta-la libre asociación, manifestación e pareceres e non entorpecer directa ou indirectamente as actividades propias desta.
d) Facilitar información solvente e responsable sobre as cuestións que non teñan natureza reservada cando lle sexan requiridas polos órganos de goberno da Asociación.
e) Contribuír ó sostemento da Asociación conforme o acordo que para tal efecto adoptou a Asemblea Xeral co establecemento de determinadas cotas.
f) Con notificación previa por escrito á Presidencia, causará baixa na Asociación o membro ou membros que renuncien a seguir practicando as actividades que motivaron o seu encadramento, así como quen cometesen falta ou omisións, que, para o xuízo razoable da Xunta Directiva, determinen a súa expulsión.

 

 

Ver ventana indice

ARTIGO 11º
Os órganos de goberno da Asociación son os seguintes.
a) Asemblea Xeral.
b) Xunta Directiva.
c) Presidencia.

ARTIGO 12º
1.- A Asemblea Xeral estará constituída pola totalidade das asociadas.

2.- As asociadas poderán ser representadas para efectos de asistencia á Asemblea Xeral, con delegación expresa por escrito previa, pola Presidencia ou outra persoa da Xunta Directiva.

ARTIGO 13º
A Asemblea Xeral reunirase polo menos, unha vez ó ano en sesión ordinaria. Con carácter extraordinario poderá reunirse sempre que o solicite a terceira parte das súas asociadas, ou o decida a Presidenta por instancia da Xunta Directiva.

ARTIGO 14º
Compételle á Asemblea Xeral:
a) Aprobar e reforma-los regulamentos e normas estatutarias.
b) Adoptar acordos en relación coa representación, xestión e defensa dos intereses peculiares das súas asociadas, de acordo coa representación atribuída á asociación, sen prexuízo da facultade de delegar na Xunta Directiva a realización daqueles que se atopen no marco da súa competencia.
c) Adoptar acordos resolutivos, e a comparecencia ante os organismos públicos, para a interposición de toda clase de recursos, co fin de defender en forma axeitada e eficaz os intereses profesionais e peculiares do seu cargo.
d) Elexi-las compoñentes da Xunta Directiva, cun mandato que será renovado cada catro anos.
e) Coñece-la xestión da Xunta Directiva.
f) Fixa-las cotas que contribúen ó sostemento da Asociación, de acordo coas normas regulamentarias correspondentes. Igualmente as derramas, se fosen pertinentes.
g) Aproba-los presupostos e as liquidacións de contas.
h) Acorda-la disolución da Asociación, se fose aprobada por máis da metade das asistentes.
i) Sanciona-las faltas graves e moi graves das asociadas conforme ás normas dictadas para o efecto. Contra os acordos da Asemblea Xeral poderán establecerse os recursos establecidos na normativa vixente.
Así mesmo, a Asemblea Xeral deberá aprobar, se procede, o labor desenvolvido pola Asociación durante todo o ano e estudia-los asuntos que, pola súa excepcional importancia, se sometan á súaa consideración pola Xunta Directiva, ou sexa, da súa exclusiva competencia.
Á Asemblea correspóndelle establece-las liñas xerais que se deban seguir para que a Asociación cumpra os fins que lle son inherentes.

ARTIGO 15º
Unha vez constituída a Asemblea Xeral, non poderán estudiarse máis que aquelas cuestións contidas na orde do día, que serve de convocatoria, e os seus acordos tomaranse sempre por maioría, resolvéndose en caso de empate mediante voto de calidade da presidenta.

Na orde do día incluirase sempre un epígrafe de "rogos e preguntas", para dar ocasión a legalizar toda suxestións, exposición ou formulación que se considere de interese.

ARTIGO 16º
A presidenta convocará a Asemblea Xeral, sempre que sexa posible, con quince días de antelación, polo menos, á data fixada na reunión, con remisión da orde do día comprensiva dos asuntos que se vaian tratar. A convocatoria será notificada persoalmente ou, no seu defecto, anunciarase coa antelación indicada a través dos medios de comunicación social.

ARTIGO 17º
Para que a Asemblea Xeral poida adoptar validamente os seus acordos, será preciso que se atopen presentes ou representadas en primeira convocatoria, cando menos, a metade máis unha das súas asociadas, e, en segunda convocatoria, calquera que sexa o número, os seus acordos adoptaranse por maioría simple, salvo casos especiais previstos nos estatutos.

ARTIGO 18º
Das reunións da Asemblea Xeral levantarase acta, na que se reflictan os acordos adoptados, así como o resumo das opinións emitidas, cando non se obteña unanimidade de criterios, ou así o pidan os interesados.

ARTIGO 19º
DA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN

A Xunta Directiva da Asociación estará composta por:
Unha presidenta, unha vicepresidenta, unha secretaria, unha tesoureira e cinco vocais.
Tódolos cargos directivos da Asociación serán elixidos pola Asemblea Xeral mediante sufraxio libre, directo e secreto entre as asociadas que o sexan cunha antigüidade mínima dun ano, e o seu mandato será de catro anos.

ARTIGO 20º
Compételle á Xunta Directiva:
· Realizar e dirixi-las facultades da Asociación necesarias para o exercicio e desenvolvemento das actividades que lle son propias.
· Propoñer á Asemblea Xeral a defensa de xeito adecuado e eficaz dos intereses profesionais ó seu cargo.
· Propoñer á Asemblea Xeral os programas de actuación e realizar e dirixi-los xa aprobados dando conta a aquela do seu cumprimento.
· Velar polo cumprimento dos acordos da Asemblea Xeral.
· Decidi-la celebración de reunións extraordinarias da Asemblea Xeral e coñece-la orde do día destas e das ordinarias.
· Presenta-los presupostos, balances e liquidacións das contas para a sua aprobación pola Asemblea Xeral.
· Inspecciona-la contabilidade, así como a mecánica dos cobros e pagos, sen prexuízo das facultades atribuídas á Tesoureira.
· Decidir en materia de cobros, ordenación de pagos e expedición de libramentos.
· Elabora-la memoria anual de actividades someténdoa para a súa aprobación á Asemblea Xeral.
· Inspeccionar e velar polo normal funcionamento dos servicios da Asociación.
· Adoptar acordos relacionados coa interposición de toda clase de recursos e accións ante calquer organismo ou xurisdicción.
· En casos de extrema urxencia resolver provisionalmente calquera asunto non previsto nos estatutos, a reserva de lle dar conta á Asemblea Xeral na primeira reunión que celebre esta.
· Establece-las asesorías, comisións ou delegacións que se estimen precisas para o bo funcionamento da Asociación.

En caso de empate nas votacións da Xunta Directiva, o voto da presidenta decide o empate.

ARTIGO 21º
1.- A Xunta Directiva da Asociación reunirase, polo menos, en sesión ordinaria unha vez por mes.

2.- Celebrará sesión extraordinaria:
a) Cando a convoque a presidenta.
b) Por petición da terceira parte dos membros da Xunta.


ARTIGO 22º
A Xunta Directiva deberá convocarse, como mínimo, con oito días de antelación á data fixada para a primeira reunión, e a presencia da metade máis un dos membros que a compoñen, para que poida ter lugar a primeira convocatoria.

Se non asistira o número necesario de membros, farase segunda convocatoria, e, unha vez transcorrida unha hora, quedará constituída a Xunta, calquera que sexa o número dos presentes.

Excepcionalmente, por razóns de urxencia, e no suposto de que se estime necesario e conveniente, para maior rapidez e eficacia da reunión da Xunta, poderá prescindirse de tales requisitos.

ARTIGO 23º
Dentro do prazo dos quince días seguintes á sesión da Xunta, facilitarase a información completa dos acordos adoptados nela a tódalas asociadas.

ARTIGO 24º
Os membros da Xunta Directiva veñen obrigadas a asistir a cantas reunións sexan convocadas.
Se por enfermidade ou ausencia, un membro non pode asistir á Xunta, pode delega-la súa representación, por escrito, á presidenta ou a outro membro calquera da Xunta Directiva.

ARTIGO 25º
Os acordos adoptados polos órganos de goberno da Asociación en materia da súa competencia, coas condicións e requisitos legais establecidos, serán obrigatorios e terán carácter vinculante para as asociadas.

ARTIGO 26º
A Presidenta e os membros da Xunta non poderán percibir soldo polo desempeño dos seus cargos, que serán obrigatorios e honoríficos. Non obstante, poderán percibi-lo importe total das súas viaxes e axudas de custo, en compensación polos gastos que se lles ocasionen no exercicio das súas funcións, con suxeición ás normas ou acordos establecidos para o efecto.

ARTIGO 27º
Os membros da Xunta Directiva cesarán nos seus cargos polos seguintes motivos:
a) Por expiración da duración do seu mandato legal.
b) Por elección ou asignación para outros cargos nos que o seu desempeño resulte moral, legal ou practicamente incompatible co exercido na Xunta Directiva, para o xuízo desta.
c) Por baixa ou suspensión no exercicio da actividade que determinase a elección.
d) Por perda de calquera das condicións de elixibilidade regulamentaria esixible.
e) En virtude de sancións impostas como resultado de expediente, mandado instruír, substanciado e resolto regulamentariamente.
f) Por expresa renuncia ou incapacidade material ou física.

ARTIGO 28º
DA PRESIDENTA
Son funcións da presidenta:
· Presidi- la Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
· Dirixi-los debates e mante-la orde de reunións e executa-los acordos.
· Representa-la Asociación en calquera clase de actos e contratos e outorgar poderes, con acordo previo da Xunta Directiva.
· Ordena-los gastos e autoriza-los pagos.
· Autoriza-los xustificantes de ingreso.
· Convoca-las reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
· Cumprir e facer cumpri-las disposicións legais e normas estatutarias no que afecte á Asociación.
· Desenvolve-lo conxunto de funcións que lle sexan atribuídas para a boa marcha da Asociación.
· Levar á práctica cantas iniciativas e funcións considere conveniente en beneficio da Asociación e dos seus membros.
· Someter á aprobación da Asemblea Xeral as delegacións ou nomeamentos do persoal administrativo que dependa da Asociación.
· Ter ó seu cargo mancomunadamente coa Tesoureira os fondos da Asociación.


ARTIGO 29º
DA VICEPRESIDENTA

A vicepresidenta substituirá a Presidenta por delegación, en caso de ausencia ou imposibilidade manifesta para comparecer esta.
Cooperará e auxiliará a xestión da Presidenta, quen poderá confiarlla ás representacións que considere oportunas.

ARTIGO 30º
DA SECRETARIA

Á Secretaria Xeral lle compete leva-la correspondencia da Asociación, redactar e asinar, co visto e prace da presidenta, as actas da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral, que estenderá no libro correspondente, redactará así mesmo e asinará cantos documentos deriven dos acordos dos órganos de goberno, e deberá levar, nun libro para o efecto, o rexistro de afiliadas, anotando as altas e as baixas que se produzan. Terá o seu cargo o arquivo da Asociación e redactará, para a súa presentación pola Xunta Directiva, a memoria de cada exercicio, controlará o funcionamento de cada secretaría e do persoal ó servicio da Asociación.

ARTIGO 31º

DA TESOUREIRA
Son atribucións da tesoureira:
a) Custodia-los fondos.
b) Expedir libramentos, que someterá á firma da Presidenta.
c) Organiza-lo servicio de cobranza de cotas e os pagos efectuados á Confederación, asociacións internacionais e demais gastos de coordinación e representación.
d) Expedi-los xustificantes de cobro, que someterá á firma da Presidenta.
e) Executa-los acordos da Xunta Directiva que se refiran á tenencia, depósito e intervención de fondos.
f) Intervir tódolos ingresos e pagos que se ordenen, organizando a contabilidade da Asociación.
g) Realiza-los balances da situación económica da Asociación que a Presidenta ten que someter anualmente á Xunta Directiva, para a posterior aprobación por parte da Asemblea Xeral.

ARTIGO 32º
O estado de contas, que presentará anualmente a Tesoureira, estará á disposición de calquera asociada que o solicite formalmente para o seu coñecemento e información.

ARTIGO 33º
Se o volume das operacións contables e económico-financeiras da Asociación o require, a Xunta Directiva poderá acordar desagrega-las funcións propias da tesoureira para unha contadora, designada especificamente por persoas da Xunta Directiva e aprobado o seu nomeamento para o cargo pola mesma Xunta.
A contadora colaborará coa tesoureira na confección do proxecto do presuposto de gastos e ingresos de cada exercicio e visará o estado de contas anual.

ARTIGO 34º

DAS VOCAIS

As vocais, á parte da obriga que contraen de asistir a tódalas sesións da Xunta Directiva e Asemblea Xeral, cooperarán en tódalas actividades que lles sexan encomendadas polos demais cargos da Xunta Directiva.

 

 

Ver ventana indice

ARTIGO 35º
A Asociación gozará de plena autonomía en canto á administración dos seus recursos, sexan presupostarios ou patrimoniais, que se aplicarán ó cumprimento dos fins e actividades que lle son propios.

ARTIGO 36º
A responsabilidade económica da Asociación, por consecuencia dos actos que realice, concretarase exclusivamente ó seu propio patrimonio.

ARTIGO 37º
A xestión económico-administrativa da Asociación correspóndelle á tesoureira, de acordo coa Xunta Directiva, e coa súa aprobación, á que lle compete autoriza-las operacións de cancelación e constitución de hipotecas, prendas, gravames ou calquera outro acto xurídico que implique unha alteración ou carga sobre os bens que forman o patrimonio da Asociación.


ARTIGO 38º

RECURSOS ECONÓMICOS
O Patrimonio da Asociación estará composto por:

a) Os bens e dereitos que posúa no momento inicial da sua autonomía e os que adquira no sucesivo.
b) As doazóns, legados e calquera outro dereito adquirido.
c) As accións e títulos representativos do capital das empresas públicas e privadas e as obrigas ou títulos análogos dos que a Asociación sexa titular.
d) As achegas que, en concepto de cotas, farán tódalas asociadas por estar obrigadas ó sostemento da Asociación, esta cantidade será fixada en Asemblea Xeral.
A titularidade do patrimonio inmobiliario quedará rexistrada debidamente no Rexistro da Propiedade, a través da correspondente inscrición, que se considera obrigatoria.xxx

ARTIGO 39º
Os Presupostos serán anuales e na súa elaboración, proposta e aprobación se estará ó establecido nas disposicións establecidas nos Estatutos.

 

Ver ventana indice

ARTIGO 40º
Para a reforma destos Estatutos será preciso que se celebre reunión extraordinaria, convocada ó efecto,e requerirá a aprobación das dúas terceiras partes das asistentes e sempre que se atopen presentes ou debidamente representadas, a mitade máis unha das asociadas.
Unha vez redactada dicha reforma deberá propoñerse á Xunta Directiva da Asociación Provincial de Mulleres Empresarias, que posteriormente en Asemblea Nacional, exporá a súa opinión sobre a negación ou forma de facer a reforma, en conveniencia e eficacia, para o mellor funcionamento da Asociación.

ARTIGO 41º
A Asociación, constituída por tempo indefinido, poderá disolverse polos seguintes motivos:
a) Por acordo tomado en Asemblea Xeral có el voto favorable das dúas terceiras partes de sus membros.
b) Por sentencia xudicial ou resolución administrativa firme.

ARTIGO 42º
En caso de disolución da Xunta Directiva se constituirá en Comisión Liquidadora, que procederá ó cumprimiento das obligacións pendentes, aplicará o excedente ou cubrirá o eventual déficit, se o hubiere, na forma en que se acordase na Asemblea, e previo consenso da Xunta Directiva da Asociación Provincial de Mulleres Empresarias.

 

 

APE ASOCIACIÓN DE MULLERES EMPRESARIAS. PONTEVEDRA.
2000

 

.