:: ¿qué es APE?
:: junta directiva
:: objetivos de APE
:: noticias
:: actos
:: emprendedoras
:: empresas
:: foros
:: estatutos
:: enlaces
:: contacto

 


A) Fomento do asociacionismo/ Representatividade e participación social
B) Promoción do emprego
C) Formación


A) Fomento do asociacionismo/ Representatividade e participación social
APE intenta agrupar e representar tódolos sectores económicos nos que a muller achega o seu traballo e esforzo fomentando o asociacionismo, favorecendo a integración das empresarias a través das entidades locais e comarcais existentes.

A Asociación é un punto de encontro real de empresarias. Sendo unha ferramenta eficaz de reivindicacións e unha plataforma que potencia a representatividade e a participación social das mulleres nos centros de decisión.

B) Promoción do emprego:
Dende o Gabinete de Asesoramento Técnico foméntase a profesionalización e o crecemento das empresas asociadas, xa que ofrece información xurídica, laboral, fiscal e económica ás asociadas, o mesmo tempo que se lles informa das axudas, subvencións e incentivos que promoven os distintos organismos oficiais, conseguindo un mellor aproveitamento dos recursos existentes.

Ás emprendedoras se lles asesora e apoia durante o trámite de creación e o de constitución de empresa, facilitándolles e simplificándolles en todo o posible ese labor, asesorándoas dos distintos incentivos e medidas que existen para crear unha empresa. Con isto conséguese incrementa-lo índice de emprego feminino.

C.-Formación:

En APE dáselle unha grande importancia á formación, xa que facilita un mellor acceso ó mundo laboral da muller e conséguese reforza-la profesionalización das empresarias a nivel xerencial e estratéxico, á vez que se logra unha reciclaxe profesional .

Realízanse diversas actividades, como cursos, seminarios e xornadas, tendo en conta as peculiaridades do noso colectivo e as necesidades de ocupación, reciclaxe e formación entre os traballadores das empresas asociadas.


4.- Centro de documentación:

Estase a realizar un centro de documentación que incide especialmente na repercusión social da achega das mulleres nos sectores que recollen actualmente os Estatutos da Asociación: propietarias, copropietarias, profesionais independentes e executivas con poder de decisión.

Pouco a pouco, e gracias ó esforzo de todas conseguimos que as empresarias e as profesionais teñamos un lugar no que expresar as nosas preocupacións e as nosas ideas e que se vexan reflectidas en iniciativas concretas que benefician non só ó noso colectivo, senón á sociedade en xeral.